Escolas
 
Actividades
Inscripcións
 
 
PRESENTACIÓN

A Fundación Cangas Deporte xunto cos clubes dos deportes ofertados, ten programado para o mes de Outubro o comenzo da septima edición do programa onde, a través dos Centros de Ensinanza infantil, primaria e secundaria da vila de Cangas, quérese achegar tódalas variedades deportivas existentes no noso concello, e outras novas, para así aumentar a oferta deportiva ós nenos e nenas do mesmo.

Tendo en conta tódolos deportes que contan cun clube federado na vila de Cangas, e algún outro que se pretende dar a coñecer, achégase ás ANPAs dos Colexios esta oferta deportiva variada.

Con isto preténdese dar a posibilidade ós nenos de Cangas de ter unha oferta deportiva amplia e máis accesible para poder practicar deporte, ademáis de xerar hábitos de tempo libre saudables na nosa mocidade.

Para poder levar a cabo este proxecto de iniciación deportiva, é necesaria a colaboración e implicación de diferentes partes para abarata-lo coste da actividade, para os participantes, o tempo que se consigue unha oferta atractiva e de calidade, que redundará nun aumento da práctica deportiva en xeral e da captación de xoves deportistas ó clube correspondente. A Fundación Cangas Deporte será a encargada da xestión e coordinación do Proxecto, colaborando na difusión da oferta deportiva e na organización da mesma.



Os clubes serán os encargados da posta en práctica da actividade do xeito máis atractivo e formativo para os novos deportistas.

As ANPAs encargaránse de dar a coñecer as actividades nos propios centros educativos.


OBXETIVOS

Involucrar a tódolos rapaces e rapazas a practicar actividade deportiva.

Que o deporte se convirta nun hábito saudable para o neno.

Dar a coñecer a nenos, en idade escolar, tódalas variedades deportivas que se practican no noso Concello, así como outras novas, coa fin de que adquiran un coñecemento máis práctico do deporte.

Facer máis accesible ós xoves do Concello a práctica de tódolos deportes a ofertar.
 
2005 © Fundación Deportiva Municipal do Concello de Cangas CangasDeporte