| |
 |
| |
 |
DESTINATARIOS |
Nenos/as con idades comprendidas entre 3 e 16 anos. Os interesados poderán participar nas actividades en función do curso escolar no que estén inscritos
IDADE MÍNIMA |
ACTIVIDADES |
1º 2º 3º Infantil / 1º Primaria |
Psicomotricidade |
2º 3º Infantil / 1º 2º 3º 4º 5º 6º Primaria |
Tenis - Taekwondo |
3º Infantil / 1º 2º 3º 4º 5º 6º Primaria |
Atletismo - Patinaxe |
1º 2º 3º 4º 5º 6º Primaria |
Ciclismo - Baile Deportivo- Tenis Mesa - Xadrez |
3º 4º 5º 6º Primaria |
Piragüismo - Vela - Baloncesto - Badminton |
Nos Deportes Náuticos é obrigatorio saber nadar |
| |
 |
DURACIÓN |
Dende o mes de Outubro ata o mes de Maio. Os cursos serán dunha hora semanal, a excepción da Psicomotricidade e a Vela que será de 2 h semanais, durante os oito meses. O horario principal dos cursos será de 16:00/19:30 (Luns a Venres) e de 10.00/14.00 h (Sábados), dependendo de cada deporte e dos horarios dos centros que teñan estudios polas tardes.
O final do curso celebrarase unha festa clausura con agasallos para t ódolos participantes. |
| |
 |
UBICACIÓN E COBERTURA |
Dependendo do deporte a actividade terá lugar ben no Centro Escolar, nas instalacións específicas de cada clube ou, se non se consigue un grupo mínimo de traballo, nunha instalación próxima que recolla a varios rapaces de diferentes centros.
|
| |
 |
INSCRIPCIÓNS |
O prazo de recollida de inscripcións irá dende o Mércores 26 de Setembro ata o Mércores 3 de Outubro (ambos inclusive). As follas de inscripción e o pago das actividades deberanse entregar na sede da Fundación Cangas Deporte, sita na Casa da Xuventude de Cangas, de Luns a Venres e en horario de 09.30/13.30 h. |
| |
 |
SEGURO |
Todas e cada unha das actividades contan cun seguro de responsabilidade civil que garantizará o correcto desenrrolo das mesmas. |
| |
 |
INFORMACIÓN IMPORTANTE |
Durante o desenrrolo das diferentes escolas deportivas o clube/monitor será o responsable principal do control dos alumnos/as, tendo estes que ser recollidos puntualmente polos seus pais/titores unha vez rematada a actividade. |
| |