Novas
  Listado Completo Noticias Actuais  
FELICITACIóNS Mª VICTORIA PIñEIRO (Archivo)
14/02/10
A Fundación Cangas Deporte e tódolos seus membros, encabezados pola Presidenta-Delegada, Dna. Antonia Queimaño, desexan expresarlle novamente a súa máis sincera noraboa a Mª Victoria Piñeiro pola consecución do Título de Campiona do Mundo, na modalidade de remo ergómetro, acadado nas últimas datas na localidade norteamericana de Boston.

Dende aquí, ademáis desta felicitación puntual, gustaríanos transmitirlle á remeira e o seu club os nosos mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.
Mª Victoria Piñeiro

Voltar
2005 © Fundación Deportiva Municipal do Concello de Cangas CangasDeporte