O Concello de Cangas, a través da Fundación Cangas Deporte, convoca a “GALA DO DEPORTE DE CANGAS”que terá lugar o vindeiro día 21 de xaneiro do 2011, no Auditorio Municipal a partires dás 20.00 h, e que se desenvolverá coas seguintes bases:
1. A Gala do Deporte de Cangas ten como obxectivo primordial premiar a labor e o traballo dos mellores deportistas, homes e mulleres, en función dos seus éxitos deportivos no ano 2010 ou tempada 2009/10, así como facer un recoñecemento en diferentes apartados do deporte da nosa vila (Descritos no apartado 12).
2. Para poder ser nomeado a un dos premios desta gala, os deportistas deberán estar empadroados ou nados no Concello de Cangas e estar federados no seu deporte, ainda que non compitan nun clube de Cangas.
3. Os deportes que terán nominación son os que se detallan a continuación:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
4X4 |
COLOMBOFILIA |
ACTIV. SUBACUÁTICAS |
TAEKWONDO |
COLOMBICULTURA |
|
4. As nominacións para cada modalidade deportiva serán realizadas polos propios clubes de Cangas, os cales deberán estar debidamente rexistrados na Fundación Cangas Deporte. Os clubes deberán nominar a tres deportistas da súa entidade.
5. As nominacións, por medio da folla oficial que se achega nesta convocatoria, deberán presentarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sita na Rua Real, 29 ou ben a través do fax: 986 392304 ou no correo electrónico: fundacion@cangasdeporte.com
6. Na folla de nomeamento, deberán destacarse os éxitos deportivos acadados polos nomeados durante o ano 2010 ou tempada 2009/10, así como tódolos datos persoais solicitados e fotos dos electos.
7. O prazo para a presentación das nominacións rematará ás 14.00 horas do día 10 de decembro do 2010.
8. Entre tódolos nomeados por cada modalidade deportiva, os elexidos recibirán un premio como “Mellor deportista de Cangas no seu deporte”.
9. De entre tódolos/as deportistas electos, a organización a través do seu xurado, elixirá ós gañadores para os premios o mellor deportista masculino e femenino da tempada, que serán galardonados cun trofeo e unha bolsa de 500,00 € en material deportivo.
10. Asimesmo o xurado galardonará tamén cun trofeo e un bolsa de 300,00 € en material deportivo as mellores promesas masculina e feminina.
11. No respecto os dous puntos anteriores o premio poderá repartirse a mais dun deportista por coincidencia de méritos, ampliándose o importe das bolsas e no caso de que os/as candidatos/as propostos polos clubes, non reuniran os requisitos necesarios, a xuízo do xurado, este poderá elixir a aquel deportista que considere que ten mellores méritos para acceder ó nomeamento.
12. A totalidade dos premios que se entregarán, serán polas seguintes modalidades:
- Mellor deportista cangués por modalidade deportiva
- Mellor entidade comercial na axuda-promoción do deporte cangués
- Mellor persoa o entidade que traballa polo deporte de Cangas
- Mellor club traballando na base
- Mellor club en xeral
- Recoñecemento a un deportista non en activo
- Mellor adestrador
- Mellor promesa feminina
- Mellor promesa masculina
- Recoñecemento a un deportista galego, non nado en Cangas
- Mellor deportista femenino
- Mellor deportista masculino
13. O xurado ten facultade para, en caso necesario, conceder accésits en situacións especiais.
14. O xurado da Gala do Deporte de Cangas estará composto por 9 membros, representados da seguinte forma:
- A Presidenta-Delegada da Fundación Cangas Deporte
- O Presidente do club máis antigo de Cangas
- O Presidente do club máis xoven de Cangas
- Un representante de cada grupo político da actual corporación
- Dous adestradores nomeados pola Presidenta-Delegada
Como Secretario do Xurado actuará o Secretario Técnico da Fundación Cangas Deporte, con voz pero sen voto.
15. O acto de entrega dos premios celebrarase o vindeiro día 21 de xaneiro do 2010 no Auditorio Municipal de Cangas.
16. Esta convocatoria farase pública en tódolos medios informativos da comarca do Morrazo e será enviada a tódalas Federacións Deportivas galegas con representación nos deportes nominados.
Cangas, a 11 de Novembro de 2010
|