| |
Regulamentos de uso e funcionamento das instalacións |
|
| |
| |
 |
| |
ART.1.- CONDICIÓNS XERAIS
|
|
| |
1. |
O Concello de Cangas pon a disposición de calquera persoa ou entidade a posibilidade de acceder ás distintas instalacións deportivas dependentes do Concello, para integrarse en actividades dirixidás ou para realizar actividades libres, adestramentos deportivos, competicións ou calquera outra práctica e/ou manifestación deportiva ou sociocultural.
|
2. |
Para o mellor cumprimento destes fins, o Concello de Cangas desenvolveu unha serie de normas que servirán, dunha parte, para garanti-los dereitos dos usuarios dás instalacións deportivas municipais e de outra, para fixa-las necesidades, obrigracións ou deberes destes co persoal, cos demáis usuarios e co propio equipamento deportivo.
|
3. |
As entidades deportivas e usuarios particulares que fan uso da instalación, aceptan as presentes normas e se compromenten ó seu cumprimento
|
|
ART.2.- INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
|
|
| |
1. |
Son instalacións deportivas municipais tódolos edificios, terreos, recintos e dependencias de titularidade municipal destinada á práctica deportiva, correspondendo a xestión dos mesmos ó Concello de Cangas , ben directamente ou a través de calquera das formas de xestión que prevé a lexislación de réxime interno.
|
2. |
O Ilmo. Concello de Cangas á proposta do Concelleiro responsable da área de Deportes, poderá autoriza-la existencia de publicidade, estática ou móbil, permanente ou non, realizada por calquera elemento técnico ou soporte, se o solicita algunha entidade deportiva ou particular, previo pago, no seu caso, das tarifas de prezos establecida pola normativa correspondente.
|
|
ART.3.- USUARIOS |
| |
1. |
A efectos da presente normativa, enténdese por usuarios dás instalacións deportivas municipais a aquelas persoas ou entidades que utilizan éstas, ben participando en programas promovidos e xestionados polo propio Concello de Cangas, ou ben participando do alquiler e cesión de ditos espacios deportivos.
|
2. |
Tódolos usuarios, comprometeranse a darlle ás instalacións deportivas e o material existente, o seu uso correcto para a evitación de accidentes e o deterioro prematuro do mesmo.
|
3. |
Toda persoa será responsable por tódolos danos que ocasione nas Instalacións Deportivas Municipais, polo incorrecto uso das mesmas. Dita responsabilidade é tanto por actos dolosos como neglixentes.
|
4. |
Cando o usuario da instalación sexa un menor, serán responsables dás consecuencias dos seus actos, seus pais ou titores legais.
|
5. |
O acceso ás instalacións deportivas municipais supón a aceptación dás normas contidás neste regulamento por calquera tipo de usuario.
|
|
ART.4.- DEREITOS DOS USUARIOS
|
| |
1. |
Ser tratados con amabilidade e educación por todo o persoal que preste os servicios nas Instalacións Deportivas Municipais.
|
2. |
Disfutar, de acordo ás normas de uso establecidás e ás tarifas vixentes, de tódolos servicios que preste o Concello de Cangas e as súas instalacións.
|
3. |
Dispoñer dunha Folla de Reclamacións para face-las queixas, suxestións e reclamacións que considere oportuno.
|
4. |
Facer uso da instalación nos días e horarios sinalados no programa ou alquiler contratado, se ben, o Concello de Cangas, por necesidades de programación ou forza maior, poderá anular ou varia-las condicións establecidas, comunicando sempre esta circunstancia ós usuarios afectados con tempo suficiente.
|
5. |
Utiliza-los servicios e espacios complementarios como vestiarios, aseos, etc.. nos termos previstos no presente Regulamento ou no uso interno de cada unha dás instalacións.
|
6. |
O Concello de Cangas velará polo mantemento e conservación adecuados do conxunto de bens e equipamentos deportivos para así prestar o servicio público ó que están destinados durante a vida útil da instalación.
|
ART.5.- OBRIGAS DOS USUARIOS
|
| |
1. |
Tódolos usuarios que dispoñan da utilización dunha instalación están obrigados a empregar roupa deportiva e calzado adecuado ó pavimento da mesma, que será distinto ó calzado có que se accedeu dende a rúa.
|
2. |
Utiliza-las instalacións, material e mobiliario de xeito adecuado, evitando posibles deterioros ou danos nas instalacións ou na saúde e dereitos dos usuarios.
|
3. |
Gardar o debido respeto ós demais usuarios e o persoal dás instalacións, así como atender en todo momento as indicacións do persoal responsable dás mesmas.
|
4. |
Aboa-las tarifas correspondentes ó servicio ou a actividade elexida, dentro dos prazos que se establezan.
|
5. |
Presentar-lo carné, tarxeta ou documento identificativo estipulado para acredita-la súa condición de usuario, non podendo cedelo ou transmitilo a un terceiro.
Á demanda do persoal responsable dás instalacións, calquera usuario/a estará obrigado/a a identificarse convintemente sempre que lle sexa requerido.
|
6. |
Cumpri-los horarios establecidos nos alquileres de cada espacio deportivo.
Está prohibido en todo o recinto:
- Introducir animais
- Fumar
- A presencia de bicicletas, patíns ou monopatíns
- Introducir calquera tipo de recipientes
- Xogar con pelotas ou balóns fora dás pistas deportivas
- Cuspir ou derramar líquidos de calquera natureza
- Comer
- Guindar o chan ou abandonar calquera tipo de desperdicios fora dás papeleiras
|
7. |
O persoal de vixilancia e prestación de servicios responsable das instalacións, ten a facultade para nega-lo acceso, ou expulsar a aquelas persoas que incumpran de xeito reiterado algunha dás normas contidás neste regulamento (ou normativa legal aplicable), ou cando as súas accións poñan en perigo a seguridade ou tranquilidade dos usuarios.
|
8. |
Os menores de edad deberán, para acceder á instalación, ir acompañados dunha persoa maior de idade que se responsabilice deles perante todo o tempo que permanezan no interior do recinto.
|
9. |
Non deixar obxectos en ningún recinto da instalación (vestiarios, duchas, pasillos, etc.), só podendo ter ocupado o vestiario perante a realización da actividade. O Concello de Cangas non se fai responsable dos obxectos e enseres olvidados, perdidos ou desaparecidos na instalación e, particularmente, nos vestiarios. Existe un departamento de obxectos perdidos na Conserxería da propia instalación. Nestes casos o Concello actuará en conformidade có disposto no artigo 615 do código civil.
|
10. |
Non se permite en ningún caso a entrada ou permanencia nas instalacións deportivas nas franxas horarias reservadás a actividade escolar ou a actividades programadás polas Asociacións de Pais de Alumnos.
|
|
ART.6.- NORMAS XERAIS DE RESERVA E USO DAS INSTALACIÓNS |
| |
1. |
Poderá limitarse o acceso e o uso de instalacións naqueles casos nos que non se cumpra o establecido por norma legal ou reglamentaria.
|
2. |
Non se permitirá, no interior dos edificios, a práctica doutra actividade que non sexa a específica en función do seu deseño e dos elementos que conteña.
|
3. |
Queda expresamente prohibida a realización de actividades que perturben ou molesten ós demáis usuarios ou poidan supoñer perigo para os elementos da instalación.
|
4. |
Non se deberá permanecer no interior do edificio máis có tempo necesario para a realización dás actividades propias dos elementos que conteñan.
|
5. |
A reserva deberá efectuarse na oficina que habilite o Concello de Cangas por medio dun impreso tipo.
|
6. |
As reservas para a fin de semana de aqueles equipos que participen nas distintas ligas e competicións, así como as reservas puntuais, deberán efectuarse antes do mércores da mesma semana na que se vaian a utilizar
|
7. |
Poderán solicita-la utilización os clubes, agrupacións, federacións e calquera tipo de entidade recoñecida e rexistrada legalmente, así como calquera particular.
|
8. |
O Concello de Cangas garantirá a utilización dás instalacións deportivas municipais para os diferentes deportes, sempre que se den as condicións técnicas axeitadás para o seu correcto desenrolo, e sempre limitadas polas solicitudes e espacio dispoñible.
|
9. |
Cando por reparacións imprevistas nas unidades deportivas, tentarase ofrecer outra unidade deportiva de características similares. De non ser posible no periodo de 15 días, o usuario tería dereito a solicita-la devolución da tarifa correspondente.
|
10. |
Aquela entidade que, por causas non previstas, decida renunciar á súa concesión, deberá comunicalo por medio dunha instancia-modelo escrita nas oficinas do Concello de Cangas cunha antelación mínima de 5 días, non podendo cede-lo dereito de uso da instalación a outra entidade.
|
11. |
A concesión de uso queda supeditada ás posibles autorizacións do Concello de Cangas para actos ou competicións, non habendo lugar a reclamacións cando por dita circunstancia teña que suspenderse o horario concedido. Sen embargo, sempre que sexa posible, comunicarase alomenos con 48 horas de antelación.
|
12. |
O Concello de Cangas favorecerá a práctica de deportes minoritarios nas distintas instalacións, sempre que sexa posible técnicamente, tendo en conta criterios de calidade, categoría, carácter e difusión da actividade.
|
13. |
A non utilización, a infrautilización e/ou a falta de pago dás reservas condecidás, implicará a revisión do horario de cesión, puidendo dar lugar a anulación do mesmo e/ou á posible retirada da prioridade de uso da instalación en vindeiras peticións ou tempadás deportivas.
|
14. |
Por razons de demanda existente, e de acordo a criterios de calidade deportiva e rendabilidade de uso, poderá programarse a utilización simultánea de dous equipos ou grupos do mesmo deporte.
|
15. |
Os equipos poderán acceder ós vestiarios 30 minutos antes do adestramento ou actividade programada, ampliándose esta antelación a 60 minutos no caso de partidos de competición oficial.
|
|
ART.7.- PAGO DAS TARIFAS PARA O USO DÁS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS |
| |
1. |
As instalacións deportivas municipais son de acceso libre para tódalas persoas sen ningunha outra limitación que o pago da tarifa correspondente para o uso e disfrute dás mesmas, dacordo cás normas de uso e tarifas establecidás no texto regulador das tarifas pola prestación de servicios ou realización de actividades en centros deportivos e recreativos, aprobado polo Órgano Municipal correspondente.
|
2. |
O pago da tarifa correspondente para poder utiliza-la instalación é obrigatorio e realizara-se na forma e contía que se estableza en cada momento, non concedéndose ningún tipo de reducción ou exención, salvo as expresamente previstas en dita normativa e dacordo có trámite legal procedente de aprobación polo Órgano Municipal competente.
|
|
ART.8.- NORMAS XERAIS DE USO E RESERVA DAS INSTALACIÓNS MEDIANTE ABONO POR TEMPADA |
| |
1. |
Para establecer as prioridades na concesión deste tipo de uso aplicaranse os seguintes criterios:
- Que a entidade ou clube esté rexistrado no Concello de Cangas.
- Que os equipos solicitantes veñan xa disputando os seus encontros nesa instalación.
- Que lles fora concedida a petición de uso para adestramentos
- Que participe en Competicións Oficiais Federadás
Ademáis destes requisitos, valorarase:
- Nivel da competición
- Repercusión social
|
2. |
A tempada deportiva enténdese dende o 1 de Agosto ata o 31 de Maio do ano seguinte. A prórroga de utilización nos meses de Xuño e Xullo deberá contar coa aprobación do Órgano Municipal competente.
|
3. |
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 de Maio ó 15 de Xuño. Nos quince días seguintes, o Concello de Cangas elaborará e presentará unha proposta de plan de uso por instalacións ás entidades demandantes.
|
4. |
Durante o mes de Xullo, convocaranse reunións por instalacións, con asistencia dás entidades implicadás na concesión con fin de estudiar e plantexar posibles modificacións, e realiza-los trocos necesarios ata conseguir que queden fixados os horarios concedidos a cada clube. Elaborarase unha lista de espera de entidades, en previsión de posibles renuncias posteriores.
Esta reunión será coordinada polo vocal do Concello de Cangas, polo técnico da Concellería e/ou polo Concelleiro competente.
|
5. |
Aprobado o plan de uso, comunicarase, por parte do Concelleiro responsable da área de Deportes, antes de finais de Xullo, a confirmación do espacio e tempo concedido a cada entidade, debendo firmar o representante autorizado da mesma o correspondente recibín, así como a aceptación da normativa xeral e específica vixente en cada instalación.
|
6. |
Adxudicado o uso para adestramentos, promoverase unha reunión, alomenos quince días antes do comezo da competición, para establecer, dacordo cós distintos calendarios, o programa de reservas para a competición en fin de semana
|
7. |
A entidade solicitante quedará comprometida ó abono do tempo de concesión, aínda que non faga uso efectivo da mesma.
|
|
| |
| ART.9.- INFORMACIÓN ESPECÍFICA DÁS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS |
| |
1. |
En cada unha dás instalacións deportivas figurará con carácter perceptivo e nun lugar visible un taboerio informativo cos seguintes contidos:
- Texto vixente regulador das tarifas de uso das instalacións deportivas
- Normas de uso das instalacións deportivas
- Horario de uso da instalación
- Nome do responsable da instalación
- Horario de atención ó público
|
2. |
Esta información exporase ó principio de tempada nos taboeiros de anuncios de cada instalación.
|
|
| |
ART.9.- HORARIOS XERAIS DE USO DAS INSTALACIÓNS |
| |
De Lúns a Venres:
- De 9.00 a 13.30 horas – Apertura da instalación: 8.30 horas; Peche ás 14.00 h
- De 16.00 a 23.00 horas– Apertura da instalación: 15.45 horas; Peche ás 23.15 h
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS:
-
Prioridade para tódolos clubes rexistrados no Concello de Cangas.
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS CONCEDIDÁS POLOS CENTROS DE ENSINANZA:
-
Prioridade para o desenrolo dás actividades deportivas organizadás polo propio centro ( obrigatorias e extraescolares).
-
Para tódolos clubes rexistrados no Concello de Cangas
Sábados:
-
De 9.30 a 13.30 horas – Apertura da instalación: 9.00 horas; Peche ás 14.00 h
-
De 16.00 a 22.30 horas – Apertura da instalación: 15.30 horas; Peche ás 23.00 h
Domingos e Festivos:
-
De 9.30 a 13.30 horas – Apertura da instalación: 9.00 horas; Peche ás 14.00 h
-
Tardes cerrado
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS:
-
Prioridade para os equipos que entrenen na instalación para xoga-los seus encontros en Sábado ou Domingo. Asimesmo, terán preferencia de hora de competición os equipos de categoría nacional e rexional.
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS CONCEDIDÁS POLOS CENTROS DE ENSINANZA
-
Prioridade para o desenrolo dás competicións deportivas escolares oficiais.
-
Para os equipos que entrenen na instalación para xoga-los seus encontros en sábado ou domingo. Asimesmo, terán preferencia de hora de competición os equipos de categoría nacional e rexional. Só para clubes:
-
Será asinado a cada clube polo Concello de Cangas a distribución xeral que lle corresponda.
|
|
ART.10.- PERDIDA DA CONDICIÓN DE USUARIO |
| |
O incumprimento dás obrigas que se derivan da condición de usuario poderá levar consigo a perda de tal condición, conforme o previsto no presente regulamento.
Tales incumprimentos clasificaranse en leves e graves, segundo se detalla a continuación:
Incumprimentos Leves:
- O incumprimento dalgunhas dás obrigas dos usuarios, cando a súa consecuencia non de lugar a calificación de grave.
- O trato incorrecto a calqueira usuario, persoal, técnicos, ...
- Causar danos leves de xeito voluntario á instalación, material ou equipamento dás mesmas.
Incumprimentos Graves:
- O incumprimento reiterado dalgunhas dás obrigas dos usuarios
- O mal trato a verba u obra a outros usuarios, espectadores, profesorado, técnicos, xuíces ou empregados da instalación.
- Causar danos graves de xeito voluntario á instalación, material ou equipamento dás mesmas.
- Orixinar, por imprudencia ou neglixencia, accidentes graves a si mesmo ou a outras persoas.
- Falsear intencionadamente os datos relativos á identidade, idade, estado de saúde, ...., e a suplantación da identidade.
- A reincidencia en incumprimentos resoltos como leves.
Consecuencias
- Os incumprimentos leves correxiranse con apercibimento por escito ou a perda da condición de usuario por un periodo de 5 a 30 días.
- Os incumprimentos graves correxiranse con apercibimento por escrito e cá perda da condición de usuario por un periodo comprendido entre 30 días e 5 anos, se a gravedade do mesmo o fixera necesario.
Procedemento
- Concello de Cangas a través do Concelleiro da area de Deportes será a persoa encargada de tramita-lo procedemento
- As propostas comunicaranse por escrito óis interesados dándolles 10 días hábiles de audiencia para que poidan efectua-las súas alegacións e presenta-los documentos e informacións que estimen pertinentes.
- Unha vez concluido o prazo de audiencia e a vista dás alegacións presentadás, o Concelleiro responsable resolverá o que proceda. Unha vez resolto, notificarase ó afectado dentro do prazo que confire a lexislación administrativa.
Contra os acordos adoptados, poderán interporse outros recursos que se estimen oportunos, de conformidade có disposto na Ley de Procedemento Administrativo
|
| |
 |
| |
NORMAS DE ACCESO: ESTADIO MUNICIPAL DE ATLETISMO DE CANGAS |
| |
Clubes de Atletismo: solicitude o Concello de Cangas, onde figurarán Nº de atletas federados, categorias, relación nominal, fotocopia da ficha e do D.N.I..
Atletas de Clubes de outras zonas: solicitude dirixida o Concello de Cangas, onde figure o nome do atleta, a súa categoria, fotocopia da ficha e do D.N.I..
Colexios e escolas de Atletismo: solicitude dirixida o Concello de Cangas onde figure o horario, Nº de participantes e persoa responsable.
Delegación de Atletismo: para realizar calquer tipo de competición ou control nas pistas, solicitarase o Concello de Cangas facilitando os seguintes datos: Data, Xornada (mañan/tarde), horario, e si é posible as probas que se van a celebrar.
Particulares: O horario de utilización para os usuarios non federados será de 17,00 h. a 19,00 h, podendo utilizar o circuito que linda coa instalación en horario de 17.00/22.00 h.
Os atletas que usen o ESTADIO DE ATLETISMO, se lles facilitara un carné, onde figuarará: Nome, clube o que pertence, a Categoria, e o número de Licencia.
O igual que os atletas, as persoas non federadás que desexen utiliza-lo estadio de atletismo, deberán solicitalo carne no Concello de Cangas, onde figurará: Nome e Apelidos, D.N.I., Dirección, Teléfono e Días de Uso.
O carné, se presentará cada vez que se acceda a instalación, o no seu caso, cando sea solicitado polo responsable da mesma.
Asimesmo o Conxerxe da instalación rexistrará os datos do usuario nunha FOLLA DE REXISTRO, onde figurará: Nome e Apelidos do Usuario ou responsable do grupo, Hora de chegada, Hora de saída e Observacións (onde o conserxe podrá reflexar, se dita persoa ou grupo crearon algún incidente ou desperfecto na instalación).
Os atletas dás categorías inferiores a Xuvenil, só podrán ter acceso as instalacións se están acompañados polo seu adestrador ou monitor.
Para os Colexios e Escolas deportivas se facilitará un pase para o adestrador / monitor, sendo responsable, unha vez que acabe a actividade, de que non quede ningun componente do grupo nas pistas.
s Competicións e Controis, tendrán acceso libre.
|
| |
 |
| |
NORMAS DE UTILIZACIÓN: ESTADIO MUNICIPAL DE ATLETISMO DE CANGAS |
| |
ART.1: Calzaránse exclusivamente zapatillas de claos de 6mm de lonxitude, a excepción dos especialistas de marcha.
“É TOTAL A PROHIBICIÓN DE USAR ZAPATILLAS SEN CLAVOS, POLO EFECTO DE FORTE ABRASIÓN QUE EXERCEN SOBRE O PAVIMENTO SINTÉTICO”.
ART.2: Uso recomendable dás calles:
- Calles 1 e 2: por norma xeral non utilizables. Soamente para adestramentos de pouca carga de impacto como poden ser test e series largas, utilizando zapatillas con cravos, previa presentación dun escrito solicitando autorización
- Calle 3: Fondo
- Calle 4: Vallas
- Calle 5: Fraccionada
- Calle 6: Traballo específico sen clavos, isto é: series e traballo técnico para marchadores, e traballo específico sen clavos para atletas de medio fondo e fondo, co obxectivo de asimilar traballo de pista sen provocar dano nas articulacións polo uso de zapatillas de clavos, en determinados períodos da tempada
NOTA: A diferencia respecto a calle 1 e de 15 m por volta na calle 3, e de 10m. na calle 2.
ART.3: As saidás e series cortas hasta 100m. se efectuarán na recta oposta a meta. Se recomenda coloca-los tacos de saída a 10/20 cm dás liñas divisorias dás calles, co fin de evita-lo deterioro da zona central dás mesmas. So estará permitido asdestrar na recta de meta no caso de estar totalmente ocupada a outra recta.
NOTA: Queda totalmento prohibido coloca-los tacos de saída encima dás liñas divisorias dás calles, para evita-lo desgaste dás mesmas.
ART.4: As vallas retiraránse da pista despois de ser utilizadás, evitando que, por oxidación, se deterioren éstas e o pavimento sintético; polo cal se recolleran e deixaran no almacen de material.
ART.5: Permitese efectua-las saídás en curva, polas calles 4 e 5, a os corredores de 200 e 400 e a os saltadores de altura.
ART.6: Os fosos de saltos barreranse o finalizar o entrenamento, devolvendo toda a area que saira deste.
ART.7: Os lanzadores de Disco, Xabalina e Martelo tendrán prioridade no uso do céspede, estando a súa disposición e tendo a obriga de delimita-lo espacio requerido para os seus adestramentos, evitando o perigo para tódolos atletas alleos a ditas probas.
NOTA: O lanzamento só se podrá realizar na gaiola, se ésta está coa rede erguida.
ART.8: Os lanzadores de Peso deberán realiza-los seus adestramentos no circulo e foso de area adecuado para dito lanzamento, así coma todo tipo de multilanzamentos con artefacto pesado. Excepto nas competicións ou salvo previa autorización expresa do Concello de Cangas.
ART.9: USO DO CESPEDE .-Destinar a zona de céspede para uso libre, para o quencemento e a volta á calma dos atletas, e para o traballo coas categorías menores.
NOTA: Para o bo funcionamento e evitar perigos maiores, este artigo dependerá do Artigo 8.
ART.10: Nas zonas de pavimento sintético non utilizadás para a competición (pasillos paralelos ós saltos horizontais, as media lúas, as calles 7 e 8 da recta de meta, ...) podrán usarse zapatillas sen clavos por aqueles atletas que precisen realizar exercicios de aplicación e asimilación. Sempre e cando non interfiran no desnvolvemento de actividades doutros usuarios previamente autorizados.
- Os pertiguistas deberán utilizar estas zonas para efectualas carreiras con pértegas.
- Os lanzadores para efectualos volteos solo podrán facelos en círculos de cemento
ART.11: Queda prohibido realizalos entrenamentos en sentido contrario.
ART.12: Os clubes serán responsables de todos os desperfectos extradeportivos que poidan ocasionar os seus atletas, por exemplo, rotura de perchas, pintadás nas portas, aseos, bancos, destrozo de material e portas etc...
ART.13: Calquer anomalia observada nas instalacións será posta en coñecemento do responsable técnico do Estadio ou do seu coidador.
ART.14: Tódolos adestradores, como responsables que son dos seus atletas, deben controla-lo uso adecuado destas instalacións, co desexo de obter a máxima duración en óptimas condicións.
ART.15: O Concello de Cangas resérvase o dereito de modifica-la presente normativa de utilización sen previo aviso.
|
| |
 |
| |
NORMAS DE USO DE MATERIAL: ESTADIO MUNICIPAL DE ATLETISMO DE CANGAS |
| |
Poderán solicitar material para a práctica de atletismo, toda persoa autorizada, previamente polo Concello de Cangas, para utiliza-lo Estadio de Atletismo.
Os usuarios do material deportivo teñen a obriga de recollelo, trasladalo á intalación, coidalo e devolvelo o seu lugar de orixe. No caso de que a utilización do mesmo sexa por un grupo ou clube deportivo, deberá existir unha persoa claramente identificada que se faga responsable do uso deste e dos danos que se poidan producir. (No caso dos clubes o responsable será o adestrador).
Tódolos usuarios ou entidades que soliciten material deportivo deberán deixar un documento identificativo (carne da instalación, D.N.I., ...), que se lle devolverá unha vez entregado o material e dando o seu visto bo o conserxe da sua devolución en perfecto estado.
O Conserxe ten a obriga de rexistrar na FOLLA DE MATERIAL o préstamo realizado. Dita folla reflexara os seguintes datos: Nome e Apellidos da persoa responsable, Hora de préstamo, Hora de entrega e Observacións (onde se reflexara se o material sufriu algún dano)
|
|
|
|